sábado, 18 de diciembre de 2010

Benvidos a todos e todas!!

    Habería que presentar este blog como a ferramenta onde publicar o traballo que vai a desenvolver o alumnado do IES de Sanxenxo en torno á Barcelona World Race, a única regata oceánica do mundo a dous tripulantes.
    Nos momentos previos á saída queremos mandar dende aquí moitísimo ánimo e forza a todo o equipo do "Central Lechera Asturiana" e en particular ós seus tripulantes Juan Mérediz e Fran Palacio, que con moita adicación e amabilidade nos acolleron na súa base de Sanxenxo, dieixando por uns intres o seu traballo, para ensinarnos todo o que estaban a levar a cabo para preparar a carreira.
      Estivemos con eles uns días antes de que deixaran a base de Sanxenxo e dende que lles ocurriu o percance co Pau estamos moi pendentes de tódalas noticias que xurden dende o equipo. Estamos seguros que van a poder saír e que o van a facer moi ben. ¡Ánimo, sabemos que o conseguiredes!
Navegantes do IES de Sanxenxo con Juan Mérediz e Fran Palacio (23/11/2010)




No hay comentarios:

Publicar un comentario