domingo, 29 de mayo de 2011

Un pouco tarde pero tamén contan!!

       Aquí tendes dous traballos máis que fixeron os alumnos e alumnas de 1º da ESO na materia de Proxecto Intedisciplinar. Levan un lixeiro retraso con respecto ós dos compañeiros pero foi debido a cuestións técnicas de deseño...






miércoles, 18 de mayo de 2011

Traballar... traballamos algo...

       Aquí tendes un resumo do traballo desenvolvido durante o curso polo noso alumnado referido todo él a un tema común "A Navegación". Dito traballo tivo o seu culmen na "Semana Cultural" adicada ó mesmo tema ode puidemos contemplar eses traballos e disfrutar de moitas actividades relacionadas co mar... Disfrutade como fixemos nós...

sábado, 7 de mayo de 2011

Exposición de Pósters

     Durante o curso o alumnado de 1º a 4º desenvolveron nas diferentes materias temas relacionados co mar e a navegación e o seu traballo o plasmaron en pósters que logo estiveron expostos polo centro durante a semana cultural adicada este ano á "Navegación". No seguinte vídeo tendes un resumo destes traballos...



domingo, 1 de mayo de 2011

Os "pequenos" tamén traballan

       O noso alumnado de 1º da ESO, dentro da materia "Proxecto interdisciplinar" traballaron co profesor José Álvarez Castro o tema da Navegación. Estes son os resultados en forma de vídeo no que contan cómo son os "Portos de Sanxenxo e Portonovo"; as "Especies de peixes" que se pescan na ría e unha interesantísima reportaxe fotográfica sobre os "Asteleiros de ribeira".
¡¡¡Bo traballo rapaces e rapazas!!!. Disfrutade....

Os Asteleiros de Ribeira


O Porto de Portonovo (entrevista a unha redeira)


O Porto de Sanxenxo


Os peixes da nosa Ría

jueves, 7 de abril de 2011

Semana Cultural ¡¡BAUTISMO DE MAR!!

Ola a todos/as!!
       Esta semana estamos a celebrar no noso centro a "Semana Cultural" adicada iste curso "A Navegación". Unha das actividades que se propuxeron ó alumnado foi a participación nun "Bautismo de mar" nun barco de vela lixeira e un barco de vela tradicional restaurado. No seguinte vídeo podedes ver algunha das actividades que se fixeron nas saídas ó mar durante as mañás.




jueves, 17 de febrero de 2011

miércoles, 9 de febrero de 2011

Concurso de Fotografía "E tí cómo vives o mar"

      Premede na imaxe e poderedes acceder á máis información sobre un concurso de fotografía que convoca a organización da BWR:

      É tan sinxelo coma facer unha fotografía e subila á páxina que indican nas instruccións.

ANIMÁDEVOS, O PRAZO DE RECEPCIÓN DE FOTOGRAFÍAS REMATA O 28 DE FEBREIRO